Dende o Equipo de Igualdade do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto dámosvos a benvida a este espazo onde compartiremos as propostas que imos levar a cabo e que pretenden favorecer:
A sensibilización, a información e a formación da comunidade educativa.
O achegamento crítico dende diferente ámbitos: o científico, o social, o artístico…
Animámosvos a participar e a achegar todas as ideas e propostas que consideredes.
VIOLENCIA DE XÉNERO E A SÚA RESPONSABILIDADE PENAL Charla de divulgación científica da UDC, impartida por Eva María Souto García á que asistirán o alumnado de 1º e 2º