emprende

EMPRENDEMENTO

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto queremos darvos a benvida a este espazo que nace co espirito de fomentar o emprendemento entre o noso alumnado.

Neste canle de comunicación iremos informando de todo o relacionado con emprendemento:

  • Actividades que se desenvolvan no centro
  • Ligazóns a información e ferramentas de xestión empresarial
  • Novidades en materia de lexislación que afecte ao autoemprego
  • Axudas e subvencións para a creación de empresas

 

… En definitiva, queremos crear un espazo para difundir e promocionar a cultura emprendedora, onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumnos que opten polo autoemprego como vía de incorporación ao mercado laboral.

Por iso, dende aquí queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de negocio a levala á práctica.

Contacta co equipo de Emprendemento a través do enderezo electrónico: viveiro.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal

Emprendemento

Novas

CHARLA ONLINE EMPRENDEMENTO

A Cámara de Comercio da Coruña organizou unha “Xornada E-FP” que tivo lugar o pasado 24 de novembro, dirixida a estudantes novos de formación profesional media, superior e dual,

Ler máis »

CURSO DE MÁRKETING DIXITAL

Achégovos información do curso sobre MARKETING DIXITAL que dará inicio o vindeiro luns 3 de febreiro na Cámara de Comercio da Coruña. EXCLUSIVO PARA OS QUE ESTEAN REXISTRADOS/AS NO

Ler máis »

CERTAME COOPERATIVISMO

Vos comunico que no DOG núm. 5 do 9 de xaneiro de 2020 publicouse a Orde 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo

Ler máis »

XI EDICIÓN PREMIOS MOCE

O pasado venres 29 de novembro celebrouse a XI edición dos Premios MOCE, promovidos pola Fundación Ronsel, representada polo seu presidente: D.Luis García Rodríguez, coa colaboración do BBVA, representado

Ler máis »