emprende

EMPRENDEMENTO

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto queremos darvos a benvida a este espazo que nace co espirito de fomentar o emprendemento entre o noso alumnado.

Neste canle de comunicación iremos informando de todo o relacionado con emprendemento:

  • Actividades que se desenvolvan no centro
  • Ligazóns a información e ferramentas de xestión empresarial
  • Novidades en materia de lexislación que afecte ao autoemprego
  • Axudas e subvencións para a creación de empresas

 

… En definitiva, queremos crear un espazo para difundir e promocionar a cultura emprendedora, onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumnos que opten polo autoemprego como vía de incorporación ao mercado laboral.

Por iso, dende aquí queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de negocio a levala á práctica.

Contacta co equipo de Emprendemento a través do enderezo electrónico: viveiro.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal

Emprendemento

Novas

XIRA MULLERES

XIRA MULLERES Chegou o novo lanzamento de XIRA MULLERES! Envíovos información sobre a nova edición de XIRA MULLERES de COCA COLA en convenio con “Fundación Mujeres”. Trátase da VII

Ler máis »

OBRADOIROS RONSEL 22-23

OBRADOIROS RONSEL 22-23 Este curso, como non podería ser doutra forma, volvemos a establecer relacións coa Fundación Ronsel, co fin de promover a cultura de emprendementro no centro. Esta

Ler máis »

PROGRAMA INICIA 22-23

PROGRAMA INICIA 22-23 A Concellería de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña, dentro dos Programas de Difusión da Cultura Emprendedora, organiza unha nova edición

Ler máis »