O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto ao longo deste curso tentará promover vieiros a prol do coñecemento, a valoración, o uso e o goce da lingua galega, favorecendo sempre a participación de toda a comunidade educativa.
Contacta co Equipo de Dinamización da Lingua Galega a través do enderezo electrónico:edlg.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal
PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO Grazas a toda a comunidade educativa pola súa participación e polas fermosas expresións enxebres compartidas. As cuncas xa están a agardar polas persoas gañadoras!!
EXPRESIÓNS ENXEBRES DA LINGUA Envía a túa expresión enxebre favorita ao correo edlg.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal Tamén podes seguirnos en Instagram e responder directamente ao fío desta nova. Moitas grazas por participar!
ÚLTIMAS CLASES DE BAILE GALEGO NESTE CURSO!! Quedan tres clases de baile galego neste curso. Non as perdades!! Recordade que son os luns, nos recreos da tarde.
MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO O Minipremio aos Proxectos en galego da 2ª avaliación do curso é para o Proxecto de atención á infancia DINOLEO, do Ciclo Superior en