emprende

EMPRENDEMENTO

Dende a Coordinación de Emprendemento do CIFP Ánxel Casal- Monte Alto queremos darvos a benvida a este espazo que nace co espirito de fomentar o emprendemento entre o noso alumnado.

Neste canle de comunicación iremos informando de todo o relacionado con emprendemento:

  • Actividades que se desenvolvan no centro
  • Ligazóns a información e ferramentas de xestión empresarial
  • Novidades en materia de lexislación que afecte ao autoemprego
  • Axudas e subvencións para a creación de empresas

 

… En definitiva, queremos crear un espazo para difundir e promocionar a cultura emprendedora, onde apoiar e asesorar a todos aqueles alumnos que opten polo autoemprego como vía de incorporación ao mercado laboral.

Por iso, dende aquí queremos animar a todos aqueles que teñan unha idea de negocio a levala á práctica.

Contacta co equipo de Emprendemento a través do enderezo electrónico: viveiro.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal

Emprendemento

Novas

PROGRAMA INICIA 2023

PROGRAMA INICIA 2023 O pasado 29 de marzo celebrouse no Forum Metropolitano da Coruña a celebración do Programa INICIA 2023 do concello da Coruña. O noso instituto foi premiado

Ler máis »

CONCURSO PROXECTO EMPRENDEDORES

CONCURSO PROXECTO EMPRENDEDORES Poñemos no seu coñecemento que desde Expourense (Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense) en colaboración coa empresa DixitalGou, lanzamos a convocatoria do Concurso de Proxectos

Ler máis »
Acceso profesorado