CONTACONTOS PARA PERSOAS ADULTAS

CONTACONTOS PARA PERSOAS ADULTAS Iniciamos o Mes das Letras cunha sesión de contos con Celso Fernández Sanmartín.  Devecemos por escoitalo! 

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO 2ªAV

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO O Minipremio aos Proxectos en galego da 2ª avaliación do curso é para o Proxecto de atención á infancia DINOLEO, do Ciclo Superior en Educación infantil. Parabéns ás súas autoras, Vanesa Gato e Andrea Paulos.

FOLIADA EN EIRIS

FOLIADA EN EIRIS A pasada fin de semana, algunhas das persoas que asistimos ás clases de baile galego no centro, participamos na foliada organizada por Donaire. Pasámolo xeniaaal!! Recordade que os luns, nos recreos da tarde, xuntámonos para bailar no taller de Animación. Agardámosvos!

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO Ides redactar o voso Proxecto en galego e queredes desfrutar dun cofre-agasallo de experiencias? Poderedes elixir entre actividades de benestar (masaxe facial, circuíto termal, masaxe relaxante…), gastronómicas (cata de viños, degustación de tapas e cócteles…) ou de aventura (paddle surf, submarinismo, descenso en canoa,…). Cada quen o que prefira!   Consulta […]

ANDAINA POLA TORRE

ANDAINA POLA TORRE Grazas, Grupo Naturalista Hábitat, por guiarnos neste fermoso paseo consciente pola contorna da Torre de Hércules.

COIDANDO O NOSO MAR

COIDANDO O NOSO MAR Acollemos no centro unha pequena exposición sobre o valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta a incidencia das actividades humanas e dos residuos que xeramos.  Cómpre promover o respecto polo litoral e os seus recursos!

ANDAINA AMBIENTAL

ANDAINA AMBIENTAL O vindeiro martes, 21 de marzo, o profesorado do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto participará nunha xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules da man do Grupo Naturalista Hábitat.  Aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL).

APETÉCEVOS BAILAR

APETÉCEVOS BAILAR? Agardámosvos os luns pola tarde no recreo. Estaremos no taller de animación. Vinde!

Feliz Día de Rosalía

Feliz Día de Rosalía! Faladoiros sobre o pensamento crítico e a faceta feminista de Rosalía de Castro. A non perder!