XIRA Mujeres: “IA sen código, sen límites: o teu momento é agora” con María Arribas.

Con motivo do 10ª aniversario de Xira Mulleres incorpóranse unhas sesións de inspiración en formato webinar, que están abertas a calquera muller que queira explorar novos ámbitos profesionais.

O próximo 18 de marzo ás 18:30h celébrase a primeira sesión de inspiración de XIRA Mujeres:

“IA sen código, sen límites: o teu momento é agora” con María Arribas.

A sesión sesión será gratuíta e de carácter práctico e non será necesario posuír coñecementos técnicos previos.

Tratarase de descubrir como a intelixencia artificial e a dixitalización poden axudar a:

  • Aforrar horas en tarefas repetitivas

  • Multiplicar o impacto profesional

  • Organizar mellor o traballo

  • Incorporar ferramentas gratuítas no día a día

  • Deseñar un plan de acción real para empezar en 7 días