PROGRAMA INNOVATECH FP 25-26
Xa foi publicada a convocatoria do programa InnovaTech FP 2025-2026
Trátase dun programa que desafía aos estudantes de FP a solucionar 20 retos tecnolóxicos presentados por empresas de recoñecido prestixio, e que ten como obxectivo fomentar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial entre o alumnado de FP.
- O programa está dirixido ao alumnado de FP de centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, aínda que tamén poderán participar as persoas tituladas nestas ensinanzas nos dous últimos cursos nalgún destes centros.
- A participación realizarase por equipos de 4 membros que deberán ser mixtos en canto ao xénero das persoas integrantes. Valorarase positivamente a composición paritaria dos mesmos na avaliación das solucións aos retos.
- Os equipos poderán estar compostos por alumnado de distintos cursos, ciclos formativos ou centros educativos.
- Cada equipo deberá contar cunha persoa coordinadora, aínda que no caso de equipos conformados por alumando de máis dun centro educativo, permitirase a designación de dúas persoas coordinadoras de distintos centros.
Na seguinte ligazón pode consultarse a información da convocatoria e os 20 retos presentados:
https://www.edu.xunta.gal/fp/innovatech-fp
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de novembro de 2025, inclusive.