PROGRAMA INICIA 26/27

O Concello da Coruña, a través do Departamento de Promoción Económica, dependente da Área de Benestar Social, prevé levar a cabo unha nova edición do Programa INICIA, cuxo obxecto é a difusión e implantación do espírito emprendedor empresarial entre o alumnado de Ciclos formativos e Ensinos especiais da cidade.

O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes, mediante a formación-titorización do alumnado e ofrece premios incentivadores que priman ás mellores iniciativas emprendedoras que se desenvolvan co programa.

Os proxectos elaborados poderán ser presentados á selección para participar na Feira de Ideas Empresariais. Nesta Feira, premiaranse as 3 mellores iniciativas emprendedoras (ver bases en adxunto)

Se estás interesado/a en participar, ponte en contacto co teu profesor/a de IPE II ou coa coordinadora de emprendemento ata o 18 de setembro.