PROGRAMA INICIA 2024

¡¡FUMOS SELECCIONADOS!!
O proxecto de empresa presentado por catro alumnos/as de 2o CS Próteses Dentais foi seleccionado no concurso de emprendemento – Programa Inicia organizado polo Concello da Coruña.
¡Competiremos con 14 proxectos máis!

A idea emprendedora é a fabricación de Grillzs, adornos de resalte das pezas dentais adaptados á morfoloxía destas, colócanse sobre os dentes e pódense poñer e quitar cando o usuario queira, hoxe en día é unha clara tendencia que seguen diferentes artistas, deportistas, cantantes de rap e hip hop de renome e influencers como Madonna, Kate Perry, Justien Bieber, Beyoncé, Rihanna, Miley Cyrus, Rosalía, Rauw Alejandro ou Sofía Moreno. Os grillz están feitos de metal levando, en ocasións, incrustaciones de pedras preciosas.
Este próximo mércores 20 de marzo terá lugar a exposición dos proxectos pola mañá, de 10:00 a 14:30 horas e a entrega dos premios aos gañadores pola tarde, de 16:00 a 18:30 horas. Será no Forum Metropolitano no Parque Europa da Coruña.

Animádevos!! Vos esperamos alí!!