PLAN EDUEMPRENDE 26/27

Xa foi publicada a  convocatoria dos programas do Plan Eduemprende 2026/2027, destinados aos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
 
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde 19 de setembro ata o 18 de outubro de 2026, ámbalas dúas datas incluídas.

Este curso 2026-2027 a convocatoria ampliouse a un total de 17 programas pensados para alumnado de diferentes ensinanzas, etapas e niveis educativos desde a Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Formación profesional de grao básico, medio e superior así como Cursos de especialización.
 
Os requisitos de participación de cada un deles poden consultarse nos Anexos I e II da convocatoria e tamén, de maneira máis sinxela e visual na presentación.
 
As actividades que se propoñen nos diferentes programas abranguen desde obradoiros nos propios centros educativos a inmersións empresariais, pasando por concursos, dinámicas e oportunidades para o alumnado ou participar en experiencias de orientación e mentorización.
 
A inscripción nos distintos programas a través dun formulario on-line que se fai dende a dirección, polo que aqueles que queirades participar poñédevos en contacto coa Coordinación de emprendemento ou os docentes de IPE 1 e IPE 2