OBRADOIRO “ANÁLISE DAS CAPACIDADES”

O pasado 30 de abril tivo lugar dentro do programa EDUEMPRENDE ACTÚA, a celebración do obradoiro “ANÁLISE DAS CAPACIDADES” no que alumnado dos ciclos de Animación sociocultural e turística e de Protésico Dental participaron activamente baixo a dirección de Verónica Ruzo Rodríguez.

O alumnado en grupos formados aleatoriamente por integrantes dos dous ciclos levaron a cabo unhas actividades nas que traballaron diferentes habilidades e desenvolveron a súas capacidades, ademais descubriron capacidades que tiñan pero o descoñecían.

O obradoiro resultoulles moi satisfactorio e útil, xa que constituíu unha experiencia de auto coñecemento, que poden aplicar tanto na búsqueda de emprego por conta allea ou propia como no seu crecemento persoal.

Powered By EmbedPress