O pasado venres 13 de marzo, o alumnado do segundo curso de Integración Social participou nunha interesante actividade organizada polo CIM da Coruña e realizada no Paraninfo da UDC. A charla, titulada “Descubrindo a (des)igualdade nas RR.SS. Todas somos Charos”, abordou o impacto das redes sociais na perpetuación de estereotipos de xénero e desigualdades. Durante a sesión, analizáronse contidos dixitais e reflexionouse sobre a imaxe da muller nos espazos virtuais. A actividade permitiu afondar na importancia da igualdade e no uso responsable das redes sociais.
Grazas ao CIM por darnos esta oportunidade.