Anunciamos a terceira e última lectura do Club de Lectura Feminista da Biblioteca Carmen Loriga Tomé para este curso académico 2025-26 , no noso espazo propio, para compartir reflexións, opinións e debates arredor de libros dende a perspectiva de xénero.
O libro escollido é “A teoría de King Kong ”, da escritora francesa Virgine Despentes, un libro que sen dúbida daranos para falar e reflexionar conxuntamente.
Queres participar? Xa temos os libros en préstamos na Biblioteca. Anotarte é moi sinxelo: podes facelo na libreta do Club de Lectura Feminista que está na Biblioteca ou podes facelo tamén a través do correo igualdade.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal
A actividade está aberta a toda a comunidade educativa ata completar prazas.