Nova convocatoria de exames Celga!!

As persoas interesadas nas probas que acreditan o coñecemento do galego nos niveis 2, 3 e 4, poderán inscribirse ata o 3 de outubro. A súa realización está prevista para a segunda quincena de novembro en Santiago de Compostela.
Tanto as solicitudes como o xustificante de pagamento das taxas (16,92 €) poden presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado da sede electrónica da Xunta.