INNOVATECH FP 25-26: Formación alumnado
O mércores 21 de xaneiro de 2026, tivo lugar no CIFP Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña) a xornada de formación do alumnado participante nos retos desta edición do programa. Os nosos alumnos/as desprazáronse ata dito CIFP e participaron nesta actividade xunto cos seus profesores-coordinadores. Son 9 grupos que abordan os seguintes retos:
Reto 3
Economía circular a través de la peletización de residuos de desbaste
Veolia
Reto 6
A musicoterapia como ferramenta de benestar integral
Fundación San Rosendo
Reto 10
Sistema de reciclaxe, depuración e aproveitamento da auga en procesos de pelado e cocción de castañas
Grupo Cuevas
Reto 12
Solucións circulares para a valorización de residuos complexos
Gestán
O alumnado recibiu formación en metodoloxías áxiles para impulsar o proceso creativo e adquirir coñecementos chave que lles permitan afrontar os retos propostos, como o “Design Thinking” e asemade tivo que traballar as 5 fases da citada metodoloxía: empatizar, definir, idear, prototipar e avaliar. Tamén traballou coa Técnica SCAMPER, que consiste en xerar ideas para un determinado reto. SCAMPER é o acrónimo dos conceptos de Substituir, Combinar, Adaptar, Modificar, Poner outro uso, Eliminar e Reorganizar.