FINALIZADO MURAL PARTICIPATIVO IGUALDADE

Estes días demos peche final ao mural participativo iniciado no curso pasado onde participou activamente o alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística, alumnado agora do segundo curso. A actividade foi desenvolvida dende a Área de igualdade do centro e  permitiu que o alumnado traballase poñendo o foco na participación como eixe central  desde a fase de deseño ata a execución final, achegando ideas, propostas artísticas e reflexións colectivas, sempre dende unha perspectiva de xénero.
O mural contén a frase “Reivindicamos a alegría de coidar”  froito dun proceso colaborativo no que queda patente a importancia dos coidados, tan necesarios para a sostibilidade da vida e ao mesmo tempo tan presente nas dúas familias profesionais coas que conta o centro: Sanidade e Servizos Socioculturais e á Comunidade. Ademais, o proxecto contou coa colaboración de  profesorado así como a área artística e facilitadora que acompañou  ao grupo durante as distintas etapas.
Con esta acción, o alumnado demostrou que a arte non só transforma espazos, senón que tamén reforza valores de participación, comunidade,  e igualdade.