ESPAZOCOOP EMPRENDE: IMPULSO AO COOPERATIVISMO GALEGO

Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á Xornada do programa «EspazoCoop Emprende. O teu futuro é cooperativa», no marco da Feira de Emprendemento Pont Up Store 2025.

O próximo venres 19 de setembro en colaboración con Pont-Up Store descubrirás as oportunidades que ofrece o cooperativismo para converter as túas ideas en realidade empresarial.  Abriremos unha xanela práctica sobre como poñer en marcha unha cooperativa: condicións, pasos clave e recursos dispoñibles.

Ademais, compartiremos casos de éxito que poñen en valor o potencial innovador, social e económico deste modelo de empresa, así como a súa gobernanza participativa.

Asistencia libre, previa inscrición. Saber máis