ENTREGA DO KIT DE IGUALDADE- LENTES VIOLETAS

O pasado xoves día 2 de outubro a Cooperativa Aventeira fixo entrega do Kit de Igualdade ao grupo de segundo curso de Animación Sociocultural e Turística do noso centro educativo. O kit trátase dunha ferramenta lúdica onde traballar  a coeducación e a prevención da violencia de xénero nas aulas. A iniciativa forma parte dun programa subvencionado pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña que busca implicar á comunidade educativa e ás entidades socieducativas  na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. O material entregado queda á disposición de todo o profesorado e alumnado do CIFP Ánxel Casal. 
 Moitas grazas pola achega, de seguro será de gran utilidade!