O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto ao longo deste curso tentará promover vieiros a prol do coñecemento, a valoración, o uso e o goce da lingua galega, favorecendo sempre a participación de toda a comunidade educativa.
Contacta co Equipo de Dinamización da Lingua Galega a través do enderezo electrónico:edlg.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal
Se redactas o teu Proxecto en galego poderías conseguir unha EXPERIENCIA ou ACTIVIDADE a elixir: masaxe, tapeo, tirolinas, spa, surf,.. Cada quen o que prefira! Consulta aquí as bases da convocatoria
A exposición “Ánxel Casal, 125 anos con Nós” xa está no noso CIFP.Grazas a Celso Alberte Magariños, da Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa, pola súa presentación e xenerosidade.E
O noso centro acolle esta fermosa mostra sobre a vida e o compromiso de Ánxel Casal. Poderemos desfrutar dela a partir do luns 21 de marzo na zona cuberta
O Equipo de Animación Sociocultural e Turística, a Biblioteca e o Equipo de dinamización da lingua galega agradecemos a participación de todos os grupos no concurso Entroido. Grazas por