DESAFÍO FP: ACELERANDO OS RETOS DO FUTURO – PROGRAMA “GIRA” DE COCA-COLA
A semana pasada, o mércores 4 de xuño tivo lugar na fábrica de Coca-Cola da Coruña un encontro dos/as Coordinadores/as de emprendemento dos diferentes CIFP de Galicia, no que estivo presente a Coordinación de emprendemento do noso centro.
Presentouse o programa “Gira” Jóvenes Coca-Cola, no que consideran ao profesorado de FP “como motor de cambio e que xoga un papel esencial no fomento da empregabilidade xuvenil a través da Formación Profesional”
O evento comezou as 11:00 horas coa visita ás instalacións da fábrica e a explicación de como se elabora o seu produto, aínda que sen contar o seu segredo. Seguidamente levouse a cabo unha conferencia: “A promoción da FP na política pública. Un impulso á inserción laboral xuvenil”. A continuación tivo lugar unha mesa redonda: Retos e desafíos na empregabilidade dos mozos de FP, está aliñadas as políticas públicas ás necesidades da mocidade? Nela participaron A Xunta de Galicia, Coca-Cola, Fundación Universidade e Empresa e EFA Fonteboa. Por último, a coordinadora e profesora de FOL do CIFP Politécnico de Santiago falou do uso das ferramentas dixitais para o impulso das soft skills na aula. Tendo lugar a clausura do acto ás 14:30 horas.
Powered By EmbedPress