CURSO: ECONOMÍA SOCIAL E EMPRENDEMENTO COOPERATIVO EN GALICIA

Queres formarte en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia?

A USC en colaboración coa Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza un curso de 20 hs de teleformación (Microcredencial universitaria), trátase da primeira microcredencial específica en materia de cooperativismo e economía social na nosa comunidade.
 


ECONOMÍA SOCIAL E EMPRENDEMENTO COOPERATIVO EN GALICIA

Teleformación | Do 20 de abril ao 20 de maio 2026 | 20 horas | 2 créditos

Prezo: 44,50 €

*NO CASO DE SER DESEMPREGADA ESTARÁ BONIFICADO 100%, GRATUÍTO.

Este curso dará a coñecer as características fundamentais das cooperativas de traballo, os seus principios e valores, analizará o proceso de creación, comprendendo como son os modelos de funcionamento e gobernanza democrática e participativa que as identifica, e finalizará deseñando un proxecto básico de cooperativa de traballo.

Saber máis e solicitude de praza


Preinscrición e matrícula ata o 16 de abril de 2026