Os días 16 a 18 de abril, celebrouse no CIFP Ánxel Casal, o curso de alta especialización “Técnica do TUNEL para identificación de apoptosis. Ensaios de citotoxicidade e proliferación celular” organizado polo Centro Galego de Innovación da FP Eduardo Barreiros.
Foi un curso práctico impartido por investigadores do CICA da Coruña, a profesorado de FP procedente de diferentes puntos de Galicia e relacionado ca especialización en Cultivos Celulares.