O pasado martes 27, o Dr Roberto Brea, científico do CICA impartíu a conferencia “Creando vida no laboratorio, fabricación de células artificiais”. Asistiron alumnado e profesorado do ciclo de Laboratorio Clínico e Biomédico, así como do curso de especialización en Cultivos Celulares.
Foi unha mostra máis da boa acollida que está tendo no noso centro o programa de divulgación científica da UDC.