CHARLA O ENGANCHE TÓXICO-OS DISCURSOS DE ODIO NAS REDES: DEEPFAKES, ODIO E A TRAMPA DA MACHOSFERA

O CIFP Ánxel Casal–Monte Alto acolleu o xoves 22 de xaneiro a charla “O enganche tóxico: os discursos de odio nas redes. Deepfakes, odio e a trampa da machosfera”, impartida pola doutora en Dereito Ana María Neira Pena, profesora da Universidade da Coruña e enmarcada dentro das Charlas de Divulgación Científica da UDC. 

A actividade foi organizada en colaboración co Equipo de Igualdade e estivo dirixida ao alumnado do centro. Tratouse dunha acción de sensibilización sobre o uso responsable das redes sociais e a prevención dos discursos de odio no ámbito dixital dirixido maioritariamente á mulleres, tal e como a profesora sinalou. A sesión contou cunha boa acollida por parte do alumnado e do profesorado.

Con esta iniciativa, o CIFP Ánxel Casal–Monte Alto continúa a apostar por Actividades Complementarias á Formación que fomentan a reflexión crítica e a igualdade de xénero na comunidade educativa.