PARABÉNS!!

Parabéns!! Velaquí as persoas gañadoras do Minipremio aos Proxectos en galego do último trimestre do curso pasado. Grazas por participar!!Agardamos desfrutedes moito dos vosos agasallos.

DÍA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL

Día do Patrimonio Cultural Inmaterial A UNESCO proclama o 17 de outubro como Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, sendo a primeira edición este 2024.  A única entidade acreditada pola UNESCO en Galicia para o Patrimonio Cultural Inmaterial é Ponte… nas ondas!  Coñécela?

Convocadas Probas Celga 2, 3 e 4

Convocadas Probas Celga 2, 3 e 4 A Xunta realizará novas probas Celga para os niveis 2, 3 e 4 na segunda quincena de novembro. O prazo de presentación de solicitudes e pagamento da taxas de exame remata o venres, 4 de outubro de 2024. Toda a información está dispoñible en: O Portal da Lingua […]

BO VERÁN!

BO VERÁN! Desfrutade moito do verán e da nosa LINGUA!!!Grazas por todo o compartido neste curso.

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO Se vas redactar o Proxecto en galego… este Minipremio é para ti!! Consulta aquí as bases. Powered By EmbedPress

Nace a I edición do festival “Aquí tamén se fala”

Nace a I edición do festival “Aquí tamén se fala” Venres 7 de xuño – Praza da Tolerancia da Coruña.Dende as 17:00 h – Entrada de balde. Con grande Amore, Boyanka Kostova, Leria e Lontreira. Iniciativa promovida polo IES Rafael Dieste. 

LUÍSA VILLALTA, A REBELIÓN DA PALABRA

LUÍSA VILLALTA, A REBELIÓN DA PALABRA A Real Academia Galega xa está a celebrar as Letras Galegas 2024, dedicadas a Luísa Villalta, con distintos contidos na Rede, entre eles a biografía e unha serie web sobre a escritora. Para acceder a toda a información, preme aquí: https://academia.gal/letras-galegas/2024/luisa-villalta

ULEX EN CONCERTO

ULEX EN CONCERTO Celebramos o mes das Letras Galegas coa actuación musical de ULEX. O xoves 9 de maio temos troula no recreo!!

Arranca o tempo das festas

ARRANCA O TEMPO DAS FESTAS Achégase á IV edición de Foliada con Donaire.  Festa asegurada para o sábado 11 de maio no Parque de Eirís da Coruña.

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO Acollemos a presentación do libro “As luces dos libros na cidade do faro” e do Proxecto A Coruña Literaria. Fantástico café-conversa!