Concurso de escritura 2026

Concurso de escritura 2026 A semana pasada celebramos a entrega de premios do Concurso de Escritura en inglés e portugués. Queremos destacar a gran calidade de todos os textos recibidos, que nos emocionaron e fixeron que a elección fose realmente difícil. Nesta ocasión, o xurado premiou a dúas grandísimas escritoras: Samantha Fernández Pinheiro, co seu […]
SUPERPREMIO aos Proxectos en galego

SUPERPREMIO aos Proxectos en galego Non o dubides. Elixe o galego para o teu Proxecto!! Escanea o código QR, le as bases e participa!! Podes conseguir unha cesta de produtos ecolóxicos e galegos (valorada en 50 €), para cada unha das persoas autoras do Proxecto.
Celebrando a Begoña Caamaño

Celebrando a Begoña Caamaño “É o momento de non cambiar as regras, senón de xogo. É o momento de mudar o mundo, de cambios profundos e estrurais, pero tamén conceptuais; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade, e tamén, por que non? Da felicidade”. Fragmento final […]
Begoña Caamaño. Letras Galegas 2026

Begoña Caamaño. Letras Galegas 2026 Se queres coñecer un pouquiño máis da obra de Begoña Caamaño, achégate este xoves, 14 de maio (no recreo da mañá) ao xardín interior do centro. Todas as persoas que participen na lectura da súa obra recibirán un PRESENTE!!
O xogo non exclúe, conecta

O xogo non exclúe, conecta. Atención! Este vindeiro luns 11 de maio, no recreo da mañá no patio (11:30h) teremos unha GRAN XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN organizada polo grupo de 1° de Mediación Comunicativa. Achégate, reflexiona e aprende!
Imos de viaxe?

Imos de viaxe? Dende SOMOS EQUIPOS achegámosvos recursos que poden acompañarvos nunha viaxe: xogos, músicas, filmes, lecturas,… Desfrutade moito do camiño! Podedes descubrir estes recursos picando AQUÍ
Avivamos a nosa lingua?

Avivamos a nosa lingua? Dende o noso centro… imaxinamos un futuro en galego!! Previous Next
Búscase Florentina Caínzos

Búscase Florentina Caínzos Florentina Caínzos é unha muller que gañou o certame de regueifa en 1953 e ficou finalista no 1954 nas festas de Santa Margarida, na Coruña e que gustaba de cantar. Non sabemos nada máis dela. Tes información sobre Florentina Caínzos? Estamos a colaborar co Instituto de Vila de Cruces (Pontevedra) nunha investigación […]
Regueifando con pracer

Regueifando con pracer Dende o EDLG comezamos o 3º trimestre cunha proposta que celebra a regueifa e o pracer como ferramentas de transformación social. O alumnado terá oportunidade de participar na proxección do documental “Regueifando con pracer”, e tamén no posterior coloquio aberto coas regueifeiras protagonistas. Recordade que cada profe ten que inscribir ao seu grupo!!Despois, […]
Convócanse as probas Celga 2026

Convócanse as probas Celga 2026 As probas permiten a obtención dos certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. Toda a información premendo AQUÍ