Ampliamos o prazo de inscrición de Smart-Up Galicia ata o 9 de outubro
Presenta o teu proxecto e forma parte do gran encontro do talento emprendedor de Galicia

Aínda estás a tempo de levar o teu proxecto moito máis lonxe!
Tes ata o venres 9 de outubro para presentar a túa candidatura!
Tes unha idea? Un proxecto que naceu na aula e que merece ser coñecido?
Dálle unha oportunidade de saír da aula e chegar moito máis lonxe.
O teu proxecto merece estar aquí
O próximo 29 de outubro, a Cidade da Cultura converterase no punto de encontro do talento emprendedor galego.
En Smart-Up Galicia terás a oportunidade de:
Presentar o teu proxecto nun stand personalizado.
Defender a túa idea ante un xurado profesional.
Coñecer outros equipos e descubrir novas ideas.
Conectar con empresas, profesionais e organizacións.
Optar aos diferentes recoñecementos e premios do programa.
Presenta a túa candidatura e opta a bonos formativos de ata 3.000€
As candidaturas participantes poderán optar a 4 bonos formativos, pensados para seguir desenvolvendo coñecementos, habilidades e competencias que axuden a levar as súas ideas un paso máis alá.
Mellor Iniciativa Smart-Up – ESO e Bacharelato: Premiado cun bono formativo de 2.000€
Mellor Iniciativa Smart-Up – FP: Premiado cun bono formativo de 2.000€
Mellor Iniciativa Smart-Up – Universidades: Premiado cun bono formativo de 2.000€
Mellor Proxecto Smart-Up: Premiado cun bono formativo de 3.000€
Porque unha boa idea pode ser o comezo de algo grande. E seguir formándose é tamén parte do camiño para facelo realidade.
Como participar?
1. Consulta as bases
Revisa os requisitos e condicións de participación no programa.
2. Prepara a doc
Completa o anexo de inscrición cos datos e información do proxecto.
3. Envía a proposta
Unha vez cuberto, envía o anexo e a memoria do traballo ao noso enderezo.
Anímate a dar o paso, presentar a túa idea e descubrir ata onde pode chegar cando ten a oportunidade de facerse realidade. 
QUERO PARTICIPAR