AGALEGA, PLATAFORMA DE CONTIDOS DIXITAIS EN GALEGO

Agalega é a maior plataforma dixital de contidos audiovisuais gratuítos en galego. Nace ademais con dúas apps integradas: a app Xabarín, con contidos para a cativada; e a AGalegaAudio, con todos os servizos e canles da Radio Galega.
Á AGalega pode accederse vía web, a través de www.agalega.gal, e tamén pode descargarse AGalega (escrito sen espazos) desde Google Play e App Store.