SANIDADE

CS LABORATORIO CLÍNICO E BIOMÉDICO

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2000
Código: SSAN05
Título: Técnico superior en laboratorio clínico e biomédico.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académidos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)

anatomia_banner_2

Que se aprende a facer?

Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. Actúan como traballadores/as dependentes en organismos ou institucións pequenos, medianos ou grandes. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico/a especialista en laboratorio. Axudante técnico en laboratorio de investigación e experimentación. Axudante técnico en laboratorio de toxicoloxía. Delegado/a comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Bioloxía molecular e citoxenética 187
Fisiopatoloxía xeral 213
Formación e orientación laboral 107
Técnicas xerais de laboratorio 240
Xestión de mostras biolóxicas 213
Módulos de 2º curso
Horas
Análise bioquímica 175
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 384
Microbioloxía clínica 157
Proxecto de laboratorio clínico e biomédico 26
Técnicas de análise hematolóxica 175
Técnicas de inmunodiagnóstico 70