SEGURIDADE E MEDIO AMBIENTE

CS QUÍMICA E SAÚDE AMBIENTAL

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Seguridade e medio ambiente.
Sistema educativo: LOE
Grao: Superior.
Horas: 2.000
Código: SSEA04
Título: Técnico superior en química e saúde ambiental

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en dous cursos académicos en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)

Que se aprende a facer?

Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/a superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.

En que ámbitos se traballa?

No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos e potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a en xestión ambiental, coordinador/a de sistemas de xestión ambiental, programador/a de actividades ambientais, documentalista ambiental, técnico/a de control sanitario (alimentos, augas, atmosfera, residuos…), técnico/a de control de contaminación atmosférica, técnico/a de control de contaminación acústica, técnico/a de control de organismos nocivos, técnico/a en control de pragas no medio urbano e na contorna natural asociada, e comercial de información de produtos biocidas e fitosanitarios.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos de 1º curso
Horas
Control de augas 319
Control de organismos nocivos 160
Control de residuos 107
Educación para a saúde e o ambiente 107
Formación e orientación laboral 107
Lingua extranxeira profesional I 53
Sistemas de xestión ambiental 107
Módulos de 2º curso
Horas
Contaminación ambiental e atmosférica 140
Control e seguridade alimentaria 192
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 384
Lingua extranxeira profesional II 53
Proxecto de química e saúde ambiental 26
Saúde e riscos do medio construído 105
Unidade de saúde ambiental 87