Ampliamos o prazo de inscrición de Smart-Up Galicia ata o 9 de outubro

Presenta o teu proxecto e forma parte do gran encontro do talento emprendedor de Galicia

Aínda estás a tempo de levar o teu proxecto moito máis lonxe!

Tes ata o venres 9 de outubro para presentar a túa candidatura!

Tes unha idea? Un proxecto que naceu na aula e que merece ser coñecido?

Dálle unha oportunidade de saír da aula e chegar moito máis lonxe.

💡 O teu proxecto merece estar aquí

O próximo 29 de outubro, a Cidade da Cultura converterase no punto de encontro do talento emprendedor galego.

En Smart-Up Galicia terás a oportunidade de:

🚀 Presentar o teu proxecto nun stand personalizado.
🎤 Defender a túa idea ante un xurado profesional.
🤝 Coñecer outros equipos e descubrir novas ideas.
🏢 Conectar con empresas, profesionais e organizacións.
🏆 Optar aos diferentes recoñecementos e premios do programa.

🏆 Presenta a túa candidatura e opta a bonos formativos de ata 3.000€

As candidaturas participantes poderán optar a 4 bonos formativos, pensados para seguir desenvolvendo coñecementos, habilidades e competencias que axuden a levar as súas ideas un paso máis alá.

Mellor Iniciativa Smart-Up – ESO e Bacharelato: Premiado cun bono formativo de 2.000€

Mellor Iniciativa Smart-Up – FP: Premiado cun bono formativo de 2.000€

Mellor Iniciativa Smart-Up – Universidades: Premiado cun bono formativo de 2.000€

Mellor Proxecto Smart-Up: Premiado cun bono formativo de 3.000€ 

Porque unha boa idea pode ser o comezo de algo grande. E seguir formándose é tamén parte do camiño para facelo realidade.

🚀 Como participar?

1. Consulta as bases

Revisa os requisitos e condicións de participación no programa.

2. Prepara a doc 

Completa o anexo de inscrición cos datos e información do proxecto.

3. Envía a proposta

Unha vez cuberto, envía o anexo e a memoria do traballo ao noso enderezo.

Anímate a dar o paso, presentar a túa idea e descubrir ata onde pode chegar cando ten a oportunidade de facerse realidade. 🚀