Os días 7, 8 e 9 de setembro, tivo lugar no CIFP Ánxel Casal – Monte Alto, un curso para profesorado especializado en Cultivos Celulares, denominado “Cultivo 3D. Cultivos histotípicos e organotípicos”, no que se aprendeu entre outras cousas, a facer pel artificial partindo de fibroblastos e queratinocitos humans.
O curso foi un éxito rotundo, polo que agradecemos os esforzos á coordinadora do Centro de Innovación, Begoña Fernández Veiga, a empresa de Biotecnoloxía de Madrid OnScience, e por suposto á súa relatora, Eva Muñoz Mayoral, experta en biomedicina e responsable da formación en terapias avanzadas.