FOTOGRAMAS POLA IGUALDADE
O venres pasado celebramos no CIFP Ánxel Casal a actividade “Fotoramas pola Igualdade”, en colaboración co CIFP Someso, cun resultado marabilloso. A proposta, centrada en fotos inmersivas, permitiu ás persoas participantes explorar novas linguaxes visuais e creativas. Enmarcada no proxecto “Perpetuando”, a acción convidou a reflexionar sobre roles, estereotipos e violencias contra as mulleres.
Seguimos traballando cara unha educación en igualdade, crítica e transformadora.