II Feira da Educación, Formación e Emprego da Coruña

O CIFP Ánxel Casal – Monte Alto participou o pasado 7 de maio na II Feira de Educación, Formación e Emprego, celebrada en Expocoruña e organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a Cámara de Comercio da Coruña, o obxectivo da Feira e dar a coñecer a oferta, formativa e profesional do alumnado a través de iniciativas innovadoras, prácticas e conectadas coa realidade socioeconómica. 
 
O noso instituto presentou a través duns atractivos stands as familias profesionais e os ciclos que se imparten no mesmo e os docentes amosaron aspectos e actividades propias deses ciclos aos asistentes, ao mesmo tempo que lles informaron e solucionaron as posibles dúbidas como poden ser os requisitos para poder matricularse, as saídas profesionais, etc. 
 
A Coordinación de emprendemento e o viveiro de empresas do centro tamén estivo presente no citado evento, dando a coñecer aos centros de estudos, entidades participantes e ao público asistente a súa existencia e funcións e invitando ao resto de centros educativos que non contan con viveiro propia a enviarlles ao alumnado que queira emprender para que sexa asesorado e guiado no estudo da viabilidade da súa idea emprendedora e a posta en marcha do seu negocio.  
 
O Conselleiro, Román Rodríguez incidiu tamén na importancia da innovación como eixo vertebrador destas feiras. “Non se trata só de informar, senón de inspirar vocacións e espertar talento a través de metodoloxías activas, demostracións en directo e contacto directo cos centros e co tecido produtivo”, destacou. Por iso, a feira é un espazo dinámico de orientación, innovación e colaboración. O alumnado pode coñecer de primeira man a oferta de Formación Profesional e universitaria, así como participar en actividades prácticas, obradoiros e demostracións tecnolóxicas desenvolvidas polas distintas familias profesionais, como o manexo
de drons ou un circuíto robótico.