Un profe, un libro

Chamamento a todo o profesorado e persoal non docente! Xa estamos a preparar a exposición “Un profe, un libro” para o Día do Libro. Como podedes participar? Precisamos que nos fagades chegar:

  • Unha foto de cando erades pequenos/as (máis ou menos desde os 5 anos). Vale calquera foto, non tedes que estar lendo un libro nela.
  • título e o autor dun libro especial para vós. Pode ser en calquera lingua.
  • Unha frase curta que explique por que o escolliches ou destaque algo do libro (se nos dá algunha pista sobre vós, moito mellor!).

Podedes enviar esta información ao seguinte correo ata o 20 de abril: dinamizaciondeidiomas.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal

Animádevos a participar!