Con motivo do 10ª aniversario de Xira Mulleres incorpóranse unhas sesións de inspiración en formato webinar, que están abertas a calquera muller que queira explorar novos ámbitos profesionais.
O próximo 18 de marzo ás 18:30h celébrase a primeira sesión de inspiración de XIRA Mujeres:
“IA sen código, sen límites: o teu momento é agora” con María Arribas.
A sesión sesión será gratuíta e de carácter práctico e non será necesario posuír coñecementos técnicos previos.
Tratarase de descubrir como a intelixencia artificial e a dixitalización poden axudar a:
-
Aforrar horas en tarefas repetitivas
-
Multiplicar o impacto profesional
-
Organizar mellor o traballo
-
Incorporar ferramentas gratuítas no día a día
-
Deseñar un plan de acción real para empezar en 7 días