INNOVATECH FP 25-26: Listaxe de equipos seleccionados

Unha vez avaliadas as propostas de solución dos retos plantexados polas empresas participantes en INNOVATECH FP, publicouse o listaxe dos equipos que foros seleccionados para pasar a seguinte fase do programa.

Do noso CIFP foi seleccionado o equipo liderado e coordinado polo profesor Joaquín Domínguez Naya, parabéns!!

A proposta do seu equipo trata de resolver o reto n.º 3 presentado pola empresa Veolia:

“Os residuos de desbaste xerados nas estacións depuradoras de augas residuais representan un desafío ambiental e económico, debido á súa difícil xestión e ao seu escaso aproveitamento actual. A súa transformación en materiais reutilizables permitiría avanzar cara a modelos de economía circular máis sostibles.

O reto consiste en deseñar e desenvolver un sistema integral de peletización que permita converter de forma eficiente os residuos de desbaste en pellets con potencial valor de uso. As propostas deberán abordar o pretratamento e caracterización dos residuos, o deseño optimizado do proceso de peletización, a selección de tecnoloxías sostibles e a análise da viabilidade económica e ambiental do sistema.

O obxectivo é crear unha solución innovadora e aplicable que transforme un residuo problemático nun recurso útil, contribuíndo á redución de impacto ambiental e á xestión eficiente dos recursos hídricos.”

Aos demais equipos que non foron seleccionados, moitas gracias polo traballo desenvolvido!!!