Eliximos a mellor canción galega e portuguesa do ano? 

A propósito da Gala aRi[t]mar realizaremos un concurso de audicións e unha votación conxunta para elixirmos as mellores cancións galegas e portuguesas.

Animádevos a participar nestes recreos lúdicos, un chisco máis longos do habitual e nos que haberá petiscos!

Podes participar os seguintes días:

  • O xoves, 12 de marzo, de 18:45 a 19:45 horas (Aula ximnasio)
  • O venres, 13 de marzo, de 11:15 a 12:15 horas (Aula ximnasio)
Para te inscribires, completa o formulario.