BOA ACOLLIDA NA XORNADA XOGOS TRADICIONAIS

O CIFP Anxel Casal-Monte Alto celebrou este xoves día 11 unha xornada de xogos tradicionais durante o recreo organizado polo alumnado do 2º cursos de ASCTA comunidade educativa puido participar en propostas como o sapo, o fungueiro, a mariola, a peonza, etc.enchendo o patio de actividade.

A iniciativa buscou fomentar o lecer saudable e recuperar a cultura lúdica galega.

Moitísimas grazas  ás persoas participante pola boa acollida  e ao alumnado de 2º ASCT pola organización e posta en marcha da actividade.