O patio central do CIFP Ánxel Casal de Monte Alto converterase no recreo do xoves nun espazo de diversión, aprendizaxe e tradición grazas á Xornada de Xogo Tradicional organizada polo alumnado de 2º curso do ciclo de Animación Sociocultural e Turística.
A iniciativa, naceu co obxectivo de promover os xogos populares galegos, fomentar a convivencia entre o alumnado e recuperar propostas lúdicas que forman parte do noso patrimonio cultural. Animádevos a participar!