"Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo"

📍 Se es unha persoa que realiza o seu labor no ámbito da orientación laboral para o emprego e o emprendemento en Galicia, ou se pensas adicarte a elo e queres formarte para coñecer máis sobre as empresas cooperativas e como trasladalas aos teus usuarios e usuarias, aproveita este recurso gratuíto que te ofrece EspazoCoop:

Porque o funcionamento e a xestión na que se basean as empresas cooperativas, bríndannos unha alternativa positiva e contrastada para acceder ao emprego mediante o autoemprego colectivo.

Porque o sector da economía social, no que se encadran as cooperativas, vén mostrando o seu carácter contracíclico e a súa resiliencia nas crises que se teñen producido ata agora.  O seren empresas centradas nas persoas e sustentadas en principios e valores de seu, participativos e democráticos, é unha garantía para a creación de tecidos económicos máis resistentes.

Nesta aposta polo desenvolvemento dun ecosistema emprendedor ao redor do cooperativismo en Galicia, EspazoCoop propón esta actividade dirixida ás persoas prescriptoras, como actores de difusión e apoio na creación de empresas.

Con este curso tamén queremos favorecer e nutrir redes de colaboración entre as profesionais das entidades

Para achegar á cidadanía o cooperativismo, é preciso tecer alianzas sólidas coas persoas que actúan como dinamizadoras no territorio, ao tempo que favorecer a conformación de redes de cooperación entre elas, que contribúan a pór en marcha e consolidar un ecosistema favorable ao emprendemento en cooperativa. Con este curso tencionamos tamén favorecer unha rede.

Programa: Consulta o programa do curso NESTE ENLACE
Inscrición: Reserva a túa praza NESTE ENLACE

As prazas para este curso son limitadas!

Un saúdo.