FAMILIA SANIDADE

CM FARMACIA E PARAFARMACIA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Grao: Medio.
Horas: 2000
Código: MSAN02
Título: Técnico en farmacia e parafarmacia.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en catro trimestres en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)
Réxime adultos semi-presencial ou a distancia: Cursando módulos seleccionados polo alumnado a distancia. Titorías e exames en horario de tarde (De 16:00h a 22:30h)

farmacia_banner_2

Que se aprende a facer?

Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.

Que ocupacións se desempeñan?

Técnico/a en farmacia. Técnico/a auxiliar de farmacia. Técnico/a de almacén de medicamentos. Técnico/a en farmacia hospitalaria. Técnico/a en establecementos de parafarmacia.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Anatomofisioloxía e patoloxía básicas107
Dispensación de produtos farmacéuticos213
Dispensación de produtos parafarmacéuticos210
Disposición e venda de produtos107
Empresa e iniciativa emprendedora53
Formación e orientación laboral107
Formación en centros de traballo410
Formulación maxistral187
Oficina de farmacia157
Operacións básicas de laboratorio239
Primeiros auxilios53
Promoción da saúde157