FAMILIA SANIDADE

CM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA

iNFORMACIÓN ACADÉMICA

Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOXSE
Grao: Medio.
Horas: 1400
Código: M19001
Título: Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

OFERTA FORMATIVA

Réxime ordinario: Todos os módulos se distribúen en catro trimestres en horario de mañá (De 8:30h a 15:00h)
Réxime adultos presencial: Cursando módulos seleccionados polo alumnado en horario de tarde (de 16:00 a 22:30)

Que se aprende a facer?

Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.

En que ámbitos se traballa?

Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.

Que ocupacións se desempeñan?

Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio; auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.

MÓDULOS

Cales son os módulos deste ciclo?

MódulosHoras
Formación e orientación laboral55
Formación en centros de traballo440
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material160
Horas á disposición do centro55
Operacións administrativas e documentación sanitaria55
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente130
Relacións no equipo de traballo55
Técnicas básicas de enfermaría320
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica130
Acceso profesorado