RETIRAMOS 1260 kg DE ESPECIES INVASORAS

RETIRAMOS 1260 kg DE ESPECIES INVASORAS Grazas ao alumnado e ás profesoras de 2º de Química e saúde ambiental e de 2º de Animación sociocultural e turística pola vosa implicación no coidado do espazo natural da Torre de Hércules.
CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL

CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL Deixa voar o teu maxín… Un altofalante sen fíos pode ser teu! Consulta as bases! Powered By EmbedPress
DIVULGACIÓN AMBIENTAL E PATRIMONIO

DIVULGACIÓN AMBIENTAL E PATRIMONIO Con estas actividades queremos desfrutar e coidar o patrimonio natural e cultural da contorna da Torre de Hércules. Farémolo da man do Grupo Naturalista Hábitat. Animádevos a participar!
MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO

MINIPREMIO AOS PROXECTOS EN GALEGO Se vas redactar o Proxecto en galego… este Minipremio é para ti!! Consulta aquí as bases. Powered By EmbedPress
AMENCER NO CIFP

AMENCER NO CIFP Así de fermosa loce a mostra “O amencer da humanidade” na entrada do noso centro. É moi interesante!
O AMENCER DA HUMANIDADE

O AMENCER DA HUMANIDADE Nos vindeiros días acolleremos no centro a exposición “O amencer da humanidade. O poboamento paleolítico de Galicia” unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021, co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.
Dende o EDLG: GRAZAS

Dende o EDLG: GRAZAS Sen a implicación do alumnado, do profesorado e do persoal de administración e servizos non tería sido posible desenvolver tantas propostas para gozar da lingua galega no noso centro ao longo deste curso. De xeito especial queremos agradecer a colaboración permanente das persoas dos distintos equipos e coordinacións. Un pracer compartir […]
COLLEITA DE EXPRESIÓNS ENXEBRES

COLLEITA DE EXPRESIÓNS ENXEBRES Rematou a colleita de expresións enxebres da nosa lingua e velaquí os froitos.Unha regalía! Moitísimas grazas por participar.
ESPAZO DE ENCONTRO E BAILE TRADICIONAL

ESPAZO DE ENCONTRO E BAILE TRADICIONAL Ao longo deste curso un grupiño moi xeitoso de alumnos/as e profesoras xuntouse nos recreos para compartir puntos de baile e moitas risas. Grazas Alba e Sara por facelo posible!!
PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO

PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO Grazas a toda a comunidade educativa pola súa participación e polas fermosas expresións enxebres compartidas. As cuncas xa están a agardar polas persoas gañadoras!!