XORNADA EMPRENDEMENTO FEMININO

A Xornada Emprendemento Feminino, que se celebra o martes 26 de setembro no Cersia Empresa, é unha iniciativa que se realiza dentro do programa de colaboración da Unión de Cooperativas EspazoCoop co Concello de Santiago de Compostela, busca dar a coñecer as oportunidades que ofrece o sector da economía social, fundamentalmente o cooperativismo, para os emprendementos que realizan as mulleres, debido ao seu carácter participativo, de recoñecemento da diversidade e de defensa da equidade.

Nesta xornada contaremos coa participación de representantes do Concello de Santiago, María Rozas Pérez, Concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Primeira Tenenta de Alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, e representantes de EspazoCoop, Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Ademais asistirán 5 casos de cooperativas formadas por mulleres para falarnos dos seus proxectos: Comunidade Creativa S. Coop. Galega (Potenciar a mulleres creativas de xeito colectivo), 7 H Cooperativa Cultural S. Coop. Galega (Rachando estereotipos), Flying Fun S. Coop. Galega (actividades para achegarse ao inglés), Arabías S. Coop. Galega (Fomentando a igualdade), e O Cable Inglés S. Coop. Galega (Comunicación e proxectos). O programa tamén contempla a realización dun Networking.

Fai clic NESTE ENLACE para informarte e realizar a inscrición.

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop Cordiais saúdos!