O pasado venres 29 de novembro celebrouse a XI edición dos Premios MOCE, promovidos pola Fundación Ronsel, representada polo seu presidente: D.Luis García Rodríguez, coa colaboración do BBVA, representado polo director de zona do banco no Norte de Galicia, Daniel Miguel Fernández e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, representada pola Sebretaria Xeral de Emprego: dona Covadonga Toca Carús.
A celebración tivo lugar na Fundación Paideia, sita na Praza de María Pita da Coruña.
Como cada ano, os obxectivos destes premios son a promoción da iniciativa emprendedora na nosa comunidade, o apoio á posta en marcha de actividades empresariais promovidas por autónomos e o fomento da creación de microempresas. Os candidatos a este premio son todas as iniciativas emprendedoras con alta en actividade económica que no último ano participaron nalgunha das actividades realizadas pola Fundación Ronsel. Para a valoración dos proxectos terase en conta o grao de innovación, sustentabilidade, impacto local, creación de emprego e medidas de conciliación e igualdade.
Nesta edición foron 10 os proxectos finalistas, sendo os gañadores:
- 1º premio: “Livegens” empresa de moda sostible dos irmáns Javier e Aitor Ramón, no acto presentaron dous dos seus produtos: gafas de sol de madeira de bambú e reloxos de corcho, elaborados so con materiais naturais e biodegradables, sen levar ningún tipo de plástico.
- 2º premio: “Aleira Horta Ecolóxica”, Cynthia Arias foi premiada pola súa empresa, adicada ao cultivo ecolóxico de hortalizas.
- 3º premio: “Fisioadvisor”, unha aplicación onde atopar a fisioterapeutas , recibíu o premio a súa creadora: Alejandra Montenegro, de Santiago de Compostela.