VISITA AO MELGA

O alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística visitou onte o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA ) en Ponteceso. O museo é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Foi unha visita moi didáctica onde nos faltou tempo para xogar coa cantidade de xogos e xoguetes cos que ali contan.