O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto ao longo deste curso tentará promover vieiros a prol do coñecemento, a valoración, o uso e o goce da lingua galega, favorecendo sempre a participación de toda a comunidade educativa.
Contacta co Equipo de Dinamización da Lingua Galega a través do enderezo electrónico:edlg.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal
ESPAZO DE ENCONTRO E BAILE TRADICIONAL Ao longo deste curso un grupiño moi xeitoso de alumnos/as e profesoras xuntouse nos recreos para compartir puntos de baile e moitas risas.
PERSOAS GAÑADORAS DO SORTEO Grazas a toda a comunidade educativa pola súa participación e polas fermosas expresións enxebres compartidas. As cuncas xa están a agardar polas persoas gañadoras!!
EXPRESIÓNS ENXEBRES DA LINGUA Envía a túa expresión enxebre favorita ao correo edlg.cifp.anxel.casal@edu.xunta.gal Tamén podes seguirnos en Instagram e responder directamente ao fío desta nova. Moitas grazas por participar!
ÚLTIMAS CLASES DE BAILE GALEGO NESTE CURSO!! Quedan tres clases de baile galego neste curso. Non as perdades!! Recordade que son os luns, nos recreos da tarde.