CONVOCATORIA DE ESPAZOS DE TECNOLOXÍA APLICADA

Este programa ven a dar resposta á necesidade de dispor nos centros de Formación Profesional de elementos que simulen as contornas laborais, mediante a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada.
 
O prazo de presentación de solicitudes por sede electrónica abrangue do 16 de marzo ao 4 de abril de 2022.
 
O programa está asociado a unha dotación económica de ata 55.000€, que pode destinarse a adquisición de bens e servizos, formación metodolóxica ou difusión.
 
Ademais, este ano, como novidade, recoñeceranse 12 horas de formación á persoa que asuma a coordinación do proxecto.
 
Para poder participar é preciso elaborar un pequeno proxecto sobre a aula en cuestión, polo que se tedes unha proposta de espazo que considerades que podería resultar de utilidade, por favor contactade comigo o antes posible.
 
Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/fp/node/18196